Esta mañá levámonos un sorpresón grazas aos voluntarios da biblioteca que coñecedores de que estamos a investigar sobre os insectos deixáronnos lotes de libros para axudarnos na procura de información.
Ademais fixéronnos un agasallo uns diminutos gusanitos de seda...aos que coidaremos moito e cos que aprenderemos grandes cousas......
Dixéronnos que comen as follas da morera ..e que no noso patio atópase un exemplar no arenero... asi que ala fomos para identificala e poder alimentar aos gusanitos










Ningún comentario:
Publicar un comentario