Dende o equipo da BIBLIOTECA do CPI , aproveitamos o recurso da luz negra nun conto para conmemorar o día do libro.
A luz negra, tamén coñecida como luz UV-A , lámpada de Wood ou simplemente luz ultravioleta, é unha lámpada que emite onda longa ( UV-A) ultravioleta e que cando a utilizamos na escuridade resalta algunhas cores como o branco e os fluorescentes.
O efecto de traballar con luz negra con nenos é sorprendente xa que fai que os obxectos de cor neón ou de materiais fluorescentes brillen na escuridade.
Luminescencia
A luminiscencia é a propiedade que teñen certos corpos de emitir luz tras absorber enerxía doutra radiación (principalmente ultravioleta) sen elevar a súa temperatura. Isto conséguese por medio da chamada luz negra.
A continuación atoparedes un pequeno esbozo do que vivenciaron os nosos pequen@s o achegarse na maná deste venres a biblioteca 😵😀😀😀😀
😉😊😊😉😊



Ningún comentario:
Publicar un comentario