O Día Mundial da Alimentación celébrase todos os anos o 16 de outubro. Este día ten como obxectivo promover a alimentación saudable e erradicar a fame en 2030.
Ademais, cúmprense 75 anos desde a súa fundación nun momento excepcional que nos fixo reflexionar sobre as nosas necesidades máis básicas, como a alimentación.
O Día Mundial da Alimentación adopta un novo tema cada ano.O tema escollido para este ano 2023 é Cultivar, nutrir, preservar. Xuntos. Está enfocado en apoiar e dar o noso agradecemento aos #HéroesDeLaAlimentación, desde agricultores e gandeiros a traballadores de supermercados, cociñeiros e intermediarios encargados de que os alimentos cheguen das granxas ás nosas mesas.
Os hábitos alimentarios adquírense desde pequenos /as e teñen repercusión na nosa saúde durante toda a vida, coas merendas saudables🍓🍏🍎🍑🍒🍈🍇🍊🍌, queremos sensibilizar aos nosos peques sobre a importancia de alimentarse ben...💪💪💪.semana a semana, pasito a pasito forxando un hábito saudable.
Como podemos facer no Día Mundial da Alimentación? Tanto nas escolas como na casa, hai varias formas de apoiar as iniciativas como as seguintes:
Fomenta unha dieta saudable e variada, consumindo produtos de tempada e evitando os alimentos ultraprocesados.
Elixe produtos locais, frescos como os que hai en mercados de agricultores.
Respecta os alimentos, evita desperdiciar, conxelando as verduras frescas, a carne e outros alimentos que se poden almacenar durante longo tempo.
Todas estas iniciativas serven para toda a vida, non só no Día Mundial da Alimentación.😀







Ningún comentario:
Publicar un comentario