Ola a todos! Hoxe gozamos dunha xornada inesquecible.
Tiñamos proxectado visitar A Illa de San Simón e San Antón, no concello de Redondela, estas dúas illas están situadas na Ría de Vigo e pegadas ao famoso Estreito de Rande onde conta a historia que se produciu unha cruenta batalla, entre españois e franceses por unha banda, e ingleses e holandeses pola outra...a razón...o maior cargamento de tesouros que se coñecía procedentes de América, e que parece ser, acabaron todos no fondo da ría. Este suceso atraeu a atención de Julio Verne que visitou a zona e converteu o escenario da batalla na fonte de aprovisionamento de ouro do Nautilus na súa novela 20.000 leguas de viaxe submarina.
Tras o percorrido en autobús , chegamos a Meirande, onde nos esperaban para guiarnos por un caminito ata o embarcadoiro e ali.... subimos ao catamarán.

O patrón da illa, San Simón unha talla que se conserva desde os tempos en que aquí estaba instalado un mosteiro, non ten brazos xa que os piratas, frecuentes visitantes deste lugar, rompíanllos pensando que os monxes escondían tesouros no seu interior.e chegou a hora de repoñer forzas coa comida






.jpg)



O interior da illa está chea de preciosos recunchos e pasamolo xenial con xogos que nos tiñan preparados






























Ningún comentario:
Publicar un comentario