Hoxe , os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil ,gozamos dun contacontos co albúm ilustrado do Capitán Verdemán e o seu superpoder da reciclaxe da man de Mariela e Marta.
Un novo superheroe para un novo mundo!
Unha pequena cidade está a afogarse nas cheas de lixo, pola preguiza e o malgasto dos seus habitantes, pero aquí está o noso Capitán Verdemán, para rescatar á cidade e demostrar que a reciclaxe é divertido. O Capitán Verdemán quere salvar o planeta, pero necesita a túa axuda!
E a continuación participamos nun obradoiro de elaboración dun boneco crecepelos polo coidado do medioambiente.
Axuda ao
Capitán Verdemán
a protexer o noso planeta
e a facer un mundo mellor!




































.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)




Ningún comentario:
Publicar un comentario